top of page
Foto del escritorLaura Moure

Presentados 57 orixinais ao premio de narracións curtas “Modesto Rodríguez Figueiredo”

O Concello de Silleda colabora xunto coa Fundación Pedrón de Ouro na organización desta LXLVII Edición do Premio de Narración


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda, que forma parte un ano máis da organización xunto coa Fundación Padroado Pedrón de da LXVII Edición do Premio de Narracións Curtas “Modesto Rodríguez

Figueiredo”, vén de contabilzar un total de 57 orixinais presentados a esta edición.


O secretario do padroado da Fundación, o escritor David Otero, e a concelleira de Cultura de Silleda, Mónica González, realizaron este mércores na Casa do Concello da localidade o reconto dos traballos que agora valorará o xurado, unha vez rematado o prazo de presentación.

O Modesto Rodríguez Figueiredo é o premio de narracións de máis anos en Galicia, e conta cun carácter itinerante facendo participes cada ano a distintos concellos de Galicia. O de Silleda xa foi sede na edición de 2020, que mor da pandemia se entregou máis tarde do previsto.


Dende o Concello e a Fundación valórase a gran acollida que vén tendo esta convocatoria cada ano, destacando as obras de autores e autoras novos, e cunha grande nómina de autores gañadores que forman parte da coñecida domo “Xeración Pedrón”.


O fallo do certame darase a coñecer a partir do mes de xaneiro.


0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page