top of page

Presentadas 145 solicitudes en Silleda para a bonificación do IBI a explotacións agrogandeiras

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda rexistrou este ano 145 solicitudes para acollerse á bonificación do Imposto de Bens Inmobles para as construción agrogandeiras. Esta bonificación foi acordada polo goberno municipal xa en 2016, logo de saber que a revisión catastral

integral realizada dende a Dirección Xeral do Catastro incluiría a referenciación de construccións relacionadas co sector primario. Os propietarios de estabulacións, naves, galpóns, ou invernadoiros –sempre que estén en activo- foron atendidos nos últimos tres meses no Punto de Información Catastral (PIC) do Concello, situado nas oficinas municipais da rúa Alfonso Trabazo, onde se tramitaron as solicitudes das correspondente bonificación dende o pasado 1 de xaneiro.

Coa modificación da normativa municipal, proposta pola Alcaldía e que entrou en vigor en xaneiro de 2017, recóllese a bonificación do 95% da parte da cuota íntegra do Imposto de Bens Inmobles (IBI) na construción de instalacións rústicas indispensables para o desenvolvemento de explotacións agrícolas, gandeiras e forestais, coa declaración previa de especial interese e utilidade pública municipal, social e de fomento do emprego. No caso das que conten ca mesma referencia catastral que a vivenda, a bonificación é do 50%.


Esta medida xurdiu como resposta á aplicación da resolución da Dirección Xeral do Catastro para levar a cabo a actualización pola cal se teñen que catastrar todas as fincas do rural, así como dar de alta bens como instalacións rústicas, que son catalogadas como almacéns ou vivendas. A consecuencia disto, as instalacións agrarias inclúense dende o ano 2017 no imposto Imposto de Bens e Inmobles, co cal pasaron a pagar a cota correspondente.


Dende o Concello, e acolléndose á normativa que permite as bonificacións potestativas, instouse daquela ó pleno a establecer o máximo permitido de bonificación da cota íntegra do IBI, (95%), declarando ao sector gandeiro como sector estratéxico. “Ningúen dubida do peso do sector primario no noso Concello”, sinala o alcalde e responsable municipal de

Facenda, Manuel Cuíña, que advirte que con esta bonificación “tamén axudamos a un sector que, ademais de verse afectado por aquela revisión catastral do Estado e logo das moitas vicisitudes polas que vén pasando hoxe está a vivir unha crise polo aumento dos prezos”, engade.

Tal e como estipula a normativa municipal, para o vindeiro ano 2023 abrirase de novo un prazo dende o 1 de xaneiro e ata o 31 de marzo para que todos aqueles veciños e veciñas que cumplan os requisitos poidan facer a solicitude. Dende o Concello lémbrase que é unha bonificación rogada, co que debe de solicitarse todos os anos.


Probas de Competencia Clave

Por outra banda, o Concello de Silleda, a través do departamento municipal de Educación, que dirixe Ángela Troitiño, volve programar un novo curso formativo para as probas de competencias clave. O curso de formación que contará con distintas materias de Nivel 2 comezará a impartirse este xoves día 7 na Casa da Xuventude, en horario de 17:30 a 20:30 horas, cun prezo total de de 15 euros.


O prazo para inscribirse nas probas de Nivel 2 e Nivel 3 remata este mesmo xoves día 7. Todas as persoas que o desexen poden achegarse ata o departamento de Educación (no Centro Social de Silleda) onde a través da Educadora Social recibirán a pertinente información, ademais de inscribirse nos cursos preparatorios.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page