Presentación da decoración do Renault Clío Rally5 dos silledenses Marco Lorenzo e Diego Gil
- ecosdacomarca

- 16 oct
- 1 Min. de lectura
Foi realizada polo alumno do colegio Lar de Mos, Aitor Alonso
Ecos da Comarca/Silleda
A segunda edición do ciclo de charlas «FGA nas Aulas de Primaria» baixou o pano este mércores 15 de outubro co acto de presentación da rotulación do Renault Clio Rally5 do becado da Federación, o silledense Marco Lorenzo, para o Rally San Froilán.O alumno do Colegio Lar de Mos, Aitor Alonso foi o gañador do concurso de debuxo posto en marcha nesta iniciativa, na que participaron máis de 900 nenos de toda Galicia. A adaptación do
debuxo correu a cargo de Pablichor Designs.

A proposta de Aitor, chea de cor e elementos asociados ao verán, foi a escollida polos membros do xurado, nunha votación moi reñida.
Publicidade
Despois desta presentación, os silledenses Marco Lorenzo e Diego Gil estarán presentes na última proba puntuable para o Clio Trophy Galicia que terá lugar no Rally San Froilán de Lugo.
Publicidade
Esta iniciativa conta coa colaboración de Supermercados Gadis e Grupo Recalvi. Nas próximas semanas abrirase o prazo de inscripción para a terceira edición do programa «FGA nas Aulas de Primaria». O formulario estará na páxina web da FGA (www.fga.es).








Comentarios