top of page

Preocupación entre veciños de Lalín por plantacións ilegais de eucaliptos

Ecos da Comarca/Lalín

Preocupación entre os veciños de Cercio, Polio e Rodís, no municipio de Lalín, polas plantacións ilegais de eucaliptos feitas presuntamente por un veciño de Cercio e a súa dona, nas parcelas destes veciños e máis nas da súa propiedade, a gran maioría delas situadas no espazo protexido Rede Natura 2000 Sobreirais do Arnego, onde está totalmente prohibido plantar eucalipto.


"Despois das denuncias feitas polo Seprona e as ameazas de sancións con miles de euros os afectados recibiron unha carta da Xunta de Galicia esixindo a inmediata tala dos eucaliptos e a reparación do terreo á situación similar anterior", sinala a veciñanza.

ree

Algúns veciños optaron directamente polo corte dos eucaliptos e outros, despois de poñelo en mans de avogados, fixeron recurso ante a Xunta de Galicia, á Consellería de Medio Rural en Pontevedra, ou directamente se dirixiron ás oficinas de Medio Rural en Pontevedra.


Pero os veciños non saen do asombro, pois aínda non recibiron unha contestación oficial e por escrito ante as denuncias feitas, non só polas plantacións ilegais na Rede Natura no Sobreiral de Arnego, senón das plantacións feitas por este veciño en fincas pertencentes a eles.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A sorpresa foi unha contestación, presuntamente, de Medio Rural a través dunha simple chamada por teléfono dun suposto funcionario da Xunta dicíndolles que “non se preocupasen, que xa estaba todo arranxado” e que, ante a insistencia dalgúns deles que querían a contestación por escrito e de maneira oficial, insisten en que “xa está todo listo”.


A día de hoxe, os eucaliptos seguen medrando en Rede Natura 2000 e os veciños non saben que facer, pois os veciños de Palio, Cercio e Rodís afectados teñen moitas árbores neste espazo protexido pero desde sempre saben que non poden acceder a elas ou facer cortas de leña máis que as estritamente sinaladas polos servizos forestais de Medio Rural.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Mentres, os eucaliptos ilegais que eles non plantaron, medran na súa propiedade impunemente destrozando unha contorna de gran valor ambiental, e coa Xunta dicindo que “non hai ningún problema, xa está todo arreglado”.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page