Ecos da Comarca/Silleda
Esta mañá, pasados uns minutos das 12:00 horas, orixinouse un lume en Silleda. En concreto, como informa o 112 Galicia foi nunha sartén dun local de hostalaría da Rúa Trasdeza.

"Xa estaba controlado segundo a información facilitada polos Bombeiros de Deza e eles tamén nos confirmaron que ademais dos desperfectos da cociña non houbo persoas afectadas, porque xa os propios veciños da zona intentaron reducir a situación coa axuda dunhas mangueiras, polo que eles simplemente se acercaron a comprobar que todo estive ben e para controlar as últimas lapas que quedaban", explica o 112 Galicia.
Ademais dos bombeiros, tamén se desprazou ao lugar a Policía Local.
Comments