O incendio non afectou ao resto da vivenda, situada na rúa Trigueiriza
Ecos da Comarca/Lalín
Esta tarde os bombeiros do parque intercomarcal de Silleda tiveron que desprazarse á localidade de Lalín por un incendio urbano. O 112 Galicia recibiu o aviso sobre as 16:30 horas. Dende este organismo, sinalan que o lume produciuse na chimenea dunha vivenda situada na rúa Trigueiriza.
Tal e como lles trasladaron os bombeiros, só prendeu lume na chimenea pola feluxe, pero non afectou ao resto da estancia. Os bombeiros procederon a apagar o lume e a arrefriar o inmoble.
O 112 Galicia tamén deu aviso ao GES e a Policía Local da localidade, así como aos servizos sanitarios.
Kommentit