Prende lume nunha cheminea na parroquia arzuá de Oíns
- ecosdacomarca

- 9 mar 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
Este xoves orixinouse un lume nunha vivenda do municipio de Arzúa.

O 112 Galicia foi alertado ás 14:31 horas. "Prendeu lume na cheminea dunha vivenda, pero un veciño conseguiu apagalo", informa o 112.
A casa afectada está situada no lugar de León de Abaixo na parroquia de Oíns. Foron mobilizados os Bombeiros de Arzúa, pero xa non fixo falta a súa intervención, segundo indica o 112.







Comentarios