top of page

Prende lume nun colchón do sanatorio de Castrofeito, no Pino

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/O Pino

Esta tarde orixinouse un lume no sanatorio de Castrofeito, no Pino. O 112 Galicia recibiu a alerta ás 16:45 horas.

A habitación afectada. Autor: Bombeiros de Arzúa.

Tal e como indica o 112 prendeu lume no colchón dunha das habitacións e como consecuencia ese cuarto quedou dañado, pero non houbo que lamentar danos persoais.


Tampouco foi necesario desaloxar aos residentes, que simplemente foron agrupados na sala destinada para merendar, tal e como explica o 112.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Urxencias Sanitarias confirmoulle ao 112 que non foi preciso trasladar a ninguén e das tarefas de extinción encargáronse os Bombeiros de Arzúa.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page