top of page

Prende lume nun cadro eléctrico nunha explotación gandeira de Silleda

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Silleda

Esta tarde orixinouse un lume nunha explotación gandeira no municipio de Silleda. O 112 Galicia foi alertado ás 18:35 horas. Ocorreu no lugar de Portapiñeiro, na parroquia de Piñeiro.

Foto arquivo.

Tal e como indica o 112 Galicia foi un particular o que avisou de que saía fume dos vestuarios da granxa.

O 112 Galicia alertou aos Bombeiros de Deza e á Policía Local e tamén informou a Urxencias Sanitarias.


Pero cando chegaron os efectivos, o lume xa fora apagado e non provocou máis danos materias e tampouco afectou a ningunha persoa nin aos animais, tal e como subliña o 112 Galicia.

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page