A vivenda, situada na Rúa Castelao, esta baleira
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) foi alertado este xoves ao redor das dez da mañá dunha alarma de incendio en Vila de Cruces. Tal e como informa Protección Civil da localidade ardeu o cadro eléctrico dun piso que se atopa baleiro.
O suceso tivo lugar na Rúa Castelao do casco urbano de Vila de Cruces, concretamente no número 2. Nas labores de extinción ademais de Protección Civil participaron os bombeiros de Deza e o lume foi sofocado cun extintor. Despois procedeuse a airear o inmoble.
Comments