Prende lume nun alpendre en Prevediños, no municipio de Touro
- ecosdacomarca
- 24 feb 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Touro

Este venres orixinouse un incendio nun alpendre do lugar de Quintás, na parroquia de Prevediños (Touro). O lume provocou danos materiais, pero non houbo que lamentar danos persoais.
Máis dunha persoa alertaba ao 112 Galicia escasos minutos das 15:30 horas. "Indicábanos que había lume nun alpendre pegado a unha vivenda, pero que os veciños xa estaban intentando sufocar as lapas cunhas mangueiras", informa o 112 Galicia.
Gracias a rápida intervención dos veciños os Bombeiros de Arzúa xa non tiveron que actuar, tal e como sinala o 112 Galicia. Mentres que ao lugar si que se desprazaron Protección Civil de Touro e a Garda Civil de Tráfico.
"Protección Civil xa nos indicou que estaba o lume apagado", apunta o 112 (ás cinco da tarde). "Ardeu unha máquina de cortar a herba e tamén se viron afectadas as uralitas do cuberto", informa o 112.
Comentarios