Prende lume no cadro eléctrico dun edificio abandonado de Melide
- ecosdacomarca
- 30 nov 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
O 112 Galicia foi alertado este mércores pasados uns minutos das 15:30 horas por un incendio na localidade de Melide.

Tal e como informa o 112 prendeu lume no cadro eléctrico dun edificio abandonado situado na rúa Mateo Segade Bugueiro. Non houbo que lamentar danos maiores, tal como sinala o 112, que ademais apunta que "os bombeiros indicáronos que había pouca cantidade de fume".
Ata o lugar tamén se desprazaron a Policía Local e a empresa de suministro de electricidade para facer as comprobacións oportunas.
Comments