top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Prende lume na cociña dunha vivenda da parroquia lalinense de Goiás

O incendio orixinouse nunha sartén posta ao lume e ardeu a cociña de butano e a campá extractora


Ecos da Comarca/Lalín

Este mércores rexistrouse un incendio nunha vivenda da parroquia lalinense de Goiás, concretamente no lugar de Cotarelo. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Silleda e membros de Emerxencias de Lalín.


O suceso tivo lugar sobre as 11:30 horas e o lume empezou nunha sartén que estaba no lume e que contiña aceite. Como consecuencia arderon a cociña de butano e a campá extractora.

A vivenda afectada polo lume en Goiás. Autor: Emerxencias Lalín.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page