top of page

Prende lume na cheminea dunha vivenda en Dozón

Ecos da Comarca/Dozón

Foto arquivo.

Esta tarde prendeu lume nunha cheminea dunha casa no municipio de Dozón. Un dos residentes na vivenda alertou ao 112 Galicia ás 15:30 horas. En concreto, o suceso produciuse no lugar de Pereiró, na parroquia do Sisto, tal e como informa o 112.

Inmediatamente, mobilizouse aos Bombeiros de Deza, ao GES de Lalín e á Garda Civil. "Sobre ás 17:30 horas os bombeiros comunicáronos que ardeu a feluxe da cheminea", indica o 112 que ademais, recalca que non houbo danos persoais.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page