Prende lume na cheminea dunha parrillada de Lalín
- ecosdacomarca
- 31 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín

O 112 Galicia foi alertado onte, venres, por un incendio nun restaurante de Lalín. O suceso ocorreu pasados uns minutos das oito da tarde nunha parrillada situada na rúa C.
O lume prendeu na cheminea do local. Foron mobilizados os Bombeiros de Deza, Emerxencias Lalín e a Policía Local. Por sorte, non houbo que lamentar danos persoais.
Comentários