top of page

Prende lume en dúas chemineas da comarca de Deza

Ambos sucesos ocorreron onte en menos dunha hora


Ecos da Comarca/Deza

Onte producíronse dous incendios en chemineas na comarca de Deza. Un deles en Rodeiro e outro en Vila de Cruces.

No caso de Rodeiro o 112 Galicia foi alertado ás 20:51 horas. "Prendeu lume nunha cheminea a afectou a unha viga", sinala o 112. Ocorreu no lugar de Paredes na parroquia de Álceme.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O 112 avisou aos Bombeiros de Deza, á Garda Civil e a Protección Civil.


Por outra banda, o 112 foi avisado ás 21:25 horas por un lume noutra cheminea no lugar de A Pena na parroquia cruceña de Carbia. "Ardeu a feluxe", puntualiza o 112.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O 112 informou aos Bombeiros de Deza, ao GES de Lalín a Protección Civil de Vila de Cruces e á Garda Civil.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page