Ecos da Comarca/Xeral
O PSOE de Lalín no apartado de preguntas no pleno do mes de setembro formulou unha seride delas entre elas unha sobre a rehabilitación de varios locais sociais deste concello, entre eles do local social de Camposancos, así como sobre o bono comercio.
Pregunta rehabilitación locais sociais
"O 14 de marzo do ano 2023 adxudicáronse as obras de rehabilitación de varios locais sociais do noso Concello, entre eles do local social de Camposancos. A obra que custou máis de 40.000 euros realizouse pero a día de hoxe non se lle pode dar uso o local social xa que conta con humidades e filtracións, tanto pola fachada recén reformada como pola cuberta, ata o punto de chover literalmente dentro do local. A auga que se filtra forma charcos e enchoupa sillas e mesas, o que por riba provoca o continuo deterioro do mobiliario que alí se almacena, e incluso á iluminación. Deste xeito o uso e a utilidade do local social vese imposibilitado e non se pode organizar ningunha actividade nel. Do mesmo xeito, quedaron de instalar unha parrilla para a cal xa está a estrutura feita no lateral esquerdo do local. Cando teñen previsto solucionar as deficiencias que presenta o local social de Camposancos en canto a humidades e filtracións? Cando teñen previsto instalar a parrilla no local social?"
A maiores desta problemática, son coñecedores da necesidade de cambiar o solo da planta baixa do local social, quedaron de solventar ó rematar as obras de rehabilitación da planta superior xa fai máis de un ano.
Teñen previsto facer as obras de mellora necesarias no solo da planta baixa do local social para que veciños e veciñas poidan facer un uso correcto del? Cando prevén levar a cabo estas actuacións?"
Pregunta bono comecio.
"En decembro do ano pasado ano aprobouse en pleno, por iniciativa do noso grupo, a posta en marcha do Bono Comercio. Vai facer un ano daquelo e aínda non se coñece ningún avance. Está ahí o nadal. Nós queremos saber en que situación se atopa esta iniciativa e se van ser capaces de poñela en marcha antes de que remate o ano. En relación con este tema queremos facer tamén un rogo: falen con sector do comercio, reúnanse cos comerciantes para poñer en marcha esta inicativa e tamén para recoller as súas aportacións de cara campaña de Nadal".
Publicidade
Pregunta Feira Sopa de Letras.
"En setembro de 2022 o Concello anunciou a I Festa Literaria de Lalín co nome de Sopa de Letras. Nas RRSS do concello puidemos ler que libreiros, organización, artistas, autores, editores e visitantes calificarona de exitosa. Nós queremos saber cal é o motivo polo que non se volveu facer este evento e en todo caso se teñen pensado recuperalo o ano anterior ás eleccións municipais".
Rogo marquesiña Manuel Rivero.
" A ANPA do Manuel Rivero pedíu en reiteradas ocasións que se habilitara unha zina cuberta para protexer aos rapaces das inclemenencias do tempo mentres agardan a que abran o colexio.Trasladeillo a Pablo Areán a semana pasada, díxome que ía estudiar este tema. Eu quero insitir, porque penso de verdade que estes asuntos son prioritarios".
Comments