Posta en valor do sector avícola na I Convención Campomayor organizada por esta empresa palense
- Laura Moure

- 11 oct. 2025
- 2 min de lectura
A conselleira María José Gómez salientou a aposta pola innovación desta compañía que traballa con ovo pasteurizado e con ovo a baixa temperatura
Laura Moure/Palas de Rei
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, salientou onte o potencial do sector avícola dentro da economía galega, xa que Galicia conta con máis de 2 millóns de galiñas e 94 explotacións que producen anualmente preto de 52 millóns de ducias de ovos. Así o trasladou no marco da I Convención Campomayor celebrada onte en Lugo e organizada por esta empresa avícola de Palas de Rei.

Durante a súa intervención, salientou que este espazo favorece a reflexión, diálogo e futuro dun ámbito estratéxico para Galicia como é o ovo, un eido produtivo que está a
medrar na nosa comunidade. Neste sentido, puxo en valor o papel de Campomayor na consolidación deste sector con máis de medio millón de galiñas poñedoras, o que sitúa a
esta empresa como a principal produtora de ovos galega.
Gómez fixo fincapé na aposta pola calidade, a innovación e a sustentabilidade do sector
primario co obxecto favorecer o desenvolvemento económico e social, pero tamén para
dinamizar o territorio. Puxo como exemplo a esta empresa familiar que, no ámbito da
innovación, comercializa ovo pasteurizado ou o ovo a baixa temperatura, o que supón
xerar valor engadido en Galicia ao buscar produtos diferenciais.
Publicidade
Sobre a industria agroalimentaria galega, resaltou que segue a ser un piar fundamental da
economía da nosa comunidade e do rural. Nesta liña, asegurou que manter a calidade
característica destas producións axudará a enfrontar os retos dentro do sector.
Desde o Goberno galego, explicou, mantense un forte apoio ás empresas agroalimentarias
con axudas destinadas ao investimento, á innovación e á comercialización para que
poidan seguir innovando, atender as demandas de benestar animal e facer do campo un
espazo cheo de oportunidades.







Comentarios