Portodemouros, ao 94,61% da súa capacidade, perde o verdor dos últimos meses
- Laura Moure
- 4 ene 2023
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Agolada/Santiso

A imaxe de arriba foi sacada o pasado 4 de outubro e correspóndese co encoro de Portodemouros baixo a ponte que enlaza os municipios de Agolada e Santiso. O verdor que presentaba foi causado polas microcistinas que tinguiu durante meses o embalse. Estas son toxinas de estrutura heptapeptídica producidas polas floracións de cianobacterias tóxicas de augas superficiais eutróficas, que son tóxicas para os humanos e dan lugar a alteracións gastrointestinais, reaccións alérxicas ou irritación. Sen embargo, tras a acumulación de choiva das últimas semanas, o aspecto de Portodemouros é completamente distinto.
A seguinte imaxe foi tomada dende o mesmo sitio hoxe mesmo, tres meses despois da anterior fotografía.

Segundo os últimos datos proporcionados por Embalses.net (que se corresponden co pasado 2 de xaneiro) Portodemouros está ao 94,61% da súa capacidade con 281 hectómetros cúbicos fronte aos 297 do seu total.

コメント