Hai varias lendas que falan da súa orixe
Laura Moure/Xeral
Es dos que non che gusta cruzarte cun gato negro; dos que evitas pasar por debaixo dunha escaleira ou dos que non abres un paraugas dentro da casa? Para todos vós seguro que o día de hoxe foi mirado con lupa e recelo porque é martes 13. Vós, os máis supersticiosos, seguro que estades desexando de que acabe o día.
Pero... por que se considera que dá mala sorte o martes 13? Hai varias lendas:
Dende tempos antigos este día é visto polos cristiáns como de mal augurio debido a que eran 13 as persoas que participaron na Última cea: Jesucristo e os 12 apóstoles, considerando a Xudas o número 13 ao ser o que os traicionou.
Eran tamén 13 os espíritus malignos segundo a Kabbalah xudía (unha das principais correntes da mística xudía) e xusto foi no capítulo 13 do Apocalipse cando chegou o anticristo.
Ou no Tarot a carta número 13 corresponde á morte e á desgraza eterna.
E por que martes e non luns, xoves ou calquera outro día? Porque martes procede da palabra Marte que na mitoloxía romana está vencellado co Deus da Guerra e fai tamén referencia ao planeta vermello coñecido como destrución, sangue e violencia.
Ademais, a crenza de que martes 13 dá mala sorte xurdiu a partir da caída do Imperio Romano en Constantinopla en maio de 1453. Foi aquí onde 800 soldados e 15 embarcacións enviadas a Génova, Venecia e ao Vaticano caeron ante os musulmás, algo que se asociou a un eclipse luar que tivo lugar un martes 13 e ás fortes choivas que impidieron a entrada dos navíos que ían axudar ao Imperio Romano. Este feito supuxo un duro golpe para as potencias cristiáns e por iso se considerou como un día de mala sorte.
Cabe mencionar que esta fobia ao martes 13 dáse sobre todo nas comunidades que descendan directamente na cultura latina. Sen embargo, en América o día elixido como fonte de superstición non é o martes, senón o venres, pero iso si, o venres 13. O número non varía.
Comments