Poderase pasar a inspección técnica de vehículos agrícolas do 15 ao 18 de febreiro en Sobrado
- ecosdacomarca

- 13 ene 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes
Unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase ao concello de Sobrado no mes de febreiro, concretamente do 15 ao 18 de febreiro.
O horario será de 9:00 a 13:30 e de 15:15 a 18.00 horas agás o última día que só estará de mañá. Situarase na esplanada pavillón polideportivo.
As persoas interesadas poderán solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.cycitv.com.







Comentarios