top of page

Pintado do peche exterior do estadio municipal de Outeiriño, en Silleda

A actuación enmarcase nas melloras dos recintos deportivos de inicio da nova tempada que está a levar a cabo o Concello


Ecos da Comarca/Silleda

O Concello de Silleda, a través do departamento municipal de Deportes está a levar a cabo nestes días distintas actuacións de mellora nas instalacións municipais coincidindo co arranque da nova tempada. Así, estase a pintar todo o muro exterior do campo municipal de Outeiriño, en Silleda, onde ao igual que no campo da Gandareira, en Bandeira, tamén se acometeu recentemente o mantemento do terreo de xogo.

Do mesmo xeito, no campo de Agronovo, en Laro, instalouse un novo depósito para o sistema de rego do campo- de herba natural- , a fin de solventar problemas de abastecemento para o correcto funcionamento do rego do céspede. Tamén en colaboración co club se pintou o cierre interior, despois do pintado dos vestiarios o pasado ano.

En Lamela, ao igual que en Laro, realizáronse recentemente tarefas de picado do campo, en colaboración ca Deputación de Pontevedra, nun estadio, o de Mularedos, onde a pasada tempada tamén se estrenaron banquiños, entre outras melloras.


Nas vindeiras semanas procederase tamén a renovar o alumeado dos campos de Silleda e da Bandeira, dotando aos dous de luminarias LED, a fin de mellorar a iluminación e conseguir un maior aforro enerxético.


Esta actuación acometerase con cargo ao orzamento que lle corresponde ao Concello de Silleda do Fondo de Compensación Ambiental, cun orzamento de 71.982 euros. As ofertas para esta actuación, que xa está en fase de licitación, poden presentarse ata o vindeiro día 21.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page