Piden difusión para atopar unha mochila roubada onte dun camión de Melide
- ecosdacomarca
- 15 may 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide

Piden difusión para atopar unha mochila que foi roubada onte domingo dun camión estacionado en Melide.
"Onte a noite entraron a roubar nun camión rompendo a ventanilla e levaron unha mochila negra de broche que tiña libros de cabalos. Imaxinamos que ao ver que non había nada de valor deixaríana tirada por Melide ou arredores", indica o afectado a través das redes sociais.
"Foi en Melide ao lado da Raxería Ramos entre as 23:30 e ás 1:00 horas", engade.
En caso de atopala poden entregala na Policía Local ou contactar con este medio a través do correo ecosdacomarca@gmail.com
Prégase difusión.
Comments