Aseguran que levan alí dous meses e que tamén obstaculizan a metade da beirarrúa
Ecos da Comarca/Lalín
Veciños demandan a retirada dunhas vallas e duns conos que están ao pé dun local de hostalaría na rúa da Corredoira, en Lalín. "É unha molestia para os clientes do bar, xa que está ocupando a zona do aparcamento e molesta tamén aos peóns, xa que ocupa a metade da beirarrúa", sinalan e ademais, aseguran que levan alí dous meses.
Instan ás autoridades competentes a que os retiren cantos antes.

Comments