top of page

Piden a paralización da obra da Avenida Xosé Cuiña mentres non se solucione o problema dos accesos

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A proposta de Rafael Cuiña, candidato de Compromiso á Alcaldía de Lalín, acordouse que hoxe mesmo se presentará un escrito, ao que se convida a sumarse ao resto de forzas da oposición


Ecos da Comarca/Lalín

Compromiso por Lalín mativo onte, domingo, unha reunión cos propietarios que teñen cortados os accesos ás súas fincas por mor das obras da Avenida Xosé Cuiña. "Nese encontro, e a proposta de Rafael Cuiña, candidato de Compromiso á Alcaldía de Lalín, acordouse que hoxe mesmo se presentará un escrito, ao que se convida a sumarse ao resto de forzas da oposición, para solicitar a paralización inmediata das obras da Avenida Xosé Cuiña mentres non se solucione o problema de acceso ás propiedades afectadas. Son, en concreto, 15 fincas que pertencen a 20 propietarios", sinala este grupo da oposición.

Por outra banda, indica que "tamén se lle pedirán explicacións -e de ser o caso se lle esixirán responsabilidades- ao goberno local sobre por que non se lle deu contestación aos escritos dos veciños advertindo dos problemas que estaban a ocasionar as actuacións ou por que non houbo ningún tipo de reunión ou comunicación con eles".


Neste aspecto, Cuiña tacha de “inxustificable” dende o punto de vista dunha administración "que non se escoite aos afectados, que Crespo nunca se quixese reunir con eles e que, para máis, se trate de silenciar as súas posibles queixas. Boa mostra disto é que non se convocou a ningún dos afectados polas obras da avenida Xosé Cuiña á reunión que mantivo Crespo esta semana en Donramiro, malia que si se estivo avisando a parte da veciñanza para que acudise ao encontro".

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Polo tanto, nese escrito tamén se esixirá unha reunión inmediata do alcalde coas veciñas e veciños afectados, "cousa á que o rexedor se negou ata o momento", subliña.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Cuiña lembra que o acondicionamento da Avenida Xosé Cuiña é unha iniciativa do goberno anterior, pero que son as modificacións realizadas neste mandato as que orixinaron os problemas que denuncian os propietarios das fincas. De feito, o que se está executando é a modificación realizada en 2012 do proxecto orixinal e que agora deriva nunhas rasantes de cinco metros de altura, que son unha esaxeración que ten realmente preocupada aos afectados.


NOTICIAS RELACIONADAS:


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page