Piden a colaboración cidadá para atopar a Adriana Carrillo Calvo, de 14 anos e de Ordes
- ecosdacomarca
- 25 oct 2024
- 1 Min. de lectura
A menor está desaparecida dende este martes, 22 de outubro
Ecos da Comarca/Xeral
A Garda Civil pide a colaboración cidadá para dar co paradoiro de Adriana Carrillo Calvo, veciña de Ordes e de 14 anos. A menor está desaparecida dende o martes 22 de outubro. Hoxe difundiuse esta foto que é máis recente.

O operativo de busca estase centrando en Finisterra (que foi onde a viron por última vez despois de viaxar en autobús dende Santiago) e arredores.
Publicidade
"Se alguén ten algunha información pode contactar coa Garda Civil a través do 062", subliña a Benemérita.
Publicidade
Agradécese difusión.
Comments