top of page

Pertenzas que apareceron no coche roubado en Agolada eran da dona doutro substraído en Padrón

Laura Moure/Agolada

En ECOS DA COMARCA publicamos hai seis días de que un coche fora roubado no casco urbano de Agolada e que fora localizado horas despois nunha pista cercana, en Ponte Vilariño. Na nova, indicabamos que aparecera no seu interior unha gorra e un bote de aceitunas que non eran dos donos do vehículo. Agora sabemos que estas pertenzas estaban no maleteiro doutro coche roubado a uns 85 quilómetros esa mesma noite.


Publicidade

Foi afectada a que se puxo en contacto con ECOS DA COMARCA. "A gorra e a lata de comida de cans, que non é de aceitunas, son miñas. Foron substraídas do maleteiro do meu coche, un Golf4 1.9 TDI 150 cabalos que foi roubado a mesma noite en Padrón. O meu coche foi encontrado nunha pista de monte pola zona de Xanceda (Mesía), empotrado e rebentado", lamenta.

O coche roubado en Padrón no lugar no que apareceu. Foto cedida pola dona do vehículo.

"Ao aparecer pertenzas miñas noutro coche suponse que serán os mesmos ladróns. O martes sobre as 10:00 horas chamoume a Garda Civil de Ordes para dicirme que aparecera o meu coche abandonado nunha pista. Esa foi a maneira da que eu me enterei que mo roubaran, xa que eu aínda non saira da casa e non o botara de menos. E o xoves chamáronme da Garda Civil de Lalín para dicirme que apareceran unhas cousas noutro coche que tamén fora roubado e que si poderían ser miñas, que si as podía recoñecer. Mandáronme as fotos e efectivamente, esas pertenenzas eran miñas, que as tiña no maleteiro do meu coche".

Danos ocasionados no vehículo. Foto cedida pola dona do coche.

Como nos adiantou liñas máis arriba a afectada, o seu coche apareceu, pero non é moi bo estado. "O meu coche a parte de aparecer estampado no medio dunha pista de monte, apareceume co maleteiro baleiro, polo tanto, fáltanme moitas cousas que tiña nel, e tamén boto en falta unhas gafas de sol que tiña na guanteira". Ademais, indica que "a uns 100 metros do meu coche, apareceu unha máquina de tabaco rebentada, que fora roubada esa mesma noite nun bar na zona de Xanceda, a uns 2 quilómetros de onde apareceu o meu coche e a máquina".


Publicidade

Cabe mencionar que esa mesma noite tamén roubaron un coche en Lalín, que segundo os últimos datos, aínda non apareceu.


NOTICIAS RELACIONADAS:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page