top of page
Foto del escritorLaura Moure

Persoas usuarias do centro de COGAMI en Medelo navegaron nun veleiro pola ría de Camariñas

A embarcación, incautada ao narcotráfico pola Audiencia Nacional, foi adaptada para as persoas con mobilidade reducida


Laura Moure/Silleda

Persoas usuarias do centro de COGAMI en Medelo (Silleda) navegaron nun veleiro pola ría de Camariñas A embarcación, incautada ao narcotráfico pola Audiencia Nacional, foi adaptada para que as persoas con mobilidade reducida teñan a oportunidade de poder gozar da navegación a vela.

O tempo acompañounos na travesía que, durante outro ano máis, gozou o grupo formado

por cinco persoas usuarias e un monitor do centro de recursos que COGAMI ten en Medelo. Embarcaron durante a mañá no veleiro Laion de COGAMI con base en Muxía, para realizar unha travesía de tres horas pola ría de Camariñas, co fin de poder

vivir a experiencia da navegación a vela a través do Proxecto Gavea (Galicia Vela

Adaptada).


Publicidade

O proxecto naceu en 2002 tras ser incautado o veleiro ao narcotráfico para ser cedido en

garda e custodia á asociación Adisbismur que forma parte de COGAMI (Asociación de

Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros). Dende entón, esta embarcación,

fomenta a participación das persoas con discapacidade en actividades náutico deportivas

ao estar dotada de adaptacións que permiten embarcar a persoas con mobilidade reducida.


Para poder levar a cabo esta edición, o proxecto conta co apoio financeiro da Axencia

Galega de Turismo.


Publicidade

Características do veleiro Laion

O Laion, de 13 metros de eslora, conta con adaptacións para facer practicable a

navegación, como un guindastre instalado na botavara que permite embarcar ás persoas

con mobilidade reducida dende o pantalán ata uns backets instalados na bañeira do barco. O control da embarcación conta cun winche eléctrico que se activa a través dun pulsador electrónico que facilita o seu goberno.


Cunha tripulación formada por tres persoas voluntarias que ceden desinteresadamente o seu tempo para que se poida desenvolver este programa Galicia Vela Adaptada, o proxecto tanto achega a navegación ás persoas con discapacidade como tamén contribúe na sensibilización, concienciación e inclusión social.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page