Persoas usuarias de Medelo de vacacións en Tenerife a través dun programa de turismo inclusivo
- ecosdacomarca
- 25 sept 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
Ata a localidade de Puerto de la Cruz, na illa de Tenerife, viaxou un grupo formado por sete
persoas usuarias e dous profesionais do centro de recursos que COGAMI ten en Medelo,
Silleda. Van pasar unha semana de vacacións a través do programa de turismo inclusivo
que organiza a Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica
(COCEMFE), entidade da que forma parte COGAMI.

Durante os sete días que van pasar na illa, o grupo vai poder participar en diferentes
actividades que engloban dende excursións para coñecer diferentes localidades e puntos
relevantes da illa como tamén poderán compartir actividades culturais, realizar saídas á
praia, baños na piscina e realizar paseos polos arredores.
Publicidade
Este programa de vacacións promove que as persoas con discapacidade poidan exercer o seu dereito ao descanso e tempo libre, ofertando estadías en hoteis que contan con
instalacións adaptadas ás persoas con mobilidade reducida.
Publicidade
Para poder asistir a este programa de lecer inclusivo, as persoas teñen que acreditar un grao de discapacidade física ou orgánica igual ou superior ao 33% e ser maior de 16 anos.
Comments