IsmaelRS/Ecos da Comarca
Na tarde de onte produciuse unha saída da vía na estrada AC-240, sobre as 20.20 horas, na parroquia de Prevediños, no Concello de Touro.
A voz de alarma deuna un particular, quen, tras ver o accidente e o estado da persoa que conducía o vehículo, avisou o 112 Emerxencias, para solicitar asistencia ao condutor do turismo. Na mesma chamada, indicou que o ocupante do vehículo estaba accesible e fóra do turismo, pero que se atopaba desorientado posiblemente a consecuencia do accidente, segundo comenta a este medio o 112 Emerxencias.
Con todos estes datos, o 112 Emerxencias informa ao Servizo de Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil do municipio e ao servizo de mantemento da estrada.
Comments