IsmaelRS/Touro

Temos que contabilizar un segundo accidente esta mañá, trátase dunha caída dun ciclista sobre as 10 horas desta mañá na AC-240, ao seu paso pola aldea da Muiña na parroquia de San Fiz de Quión.
No suceso só estivo implicado o peregrino de orixe holandesa, a voz de alarma deuna o equipo de voluntarios de protección civil de Touro que, vendo o estado do mesmo, decidiron poñerse en contacto co 112 Emerxencias, para solicitar asistencia médica para o ferido, xa que se queixaba dunha dor considerable.

Con esta información, o 112 informou aos Servizos Sanitarios, á Garda Civil de Tráfico e ao Servizo de Mantemento da Estrada.
Ao redor das 11 desta mañá, os servizos sanitarios confirmaron que era necesario trasladar ao ferido ao hospital de referencia, debido ás lesións que presentaba.
Comments