top of page

Perde o control do seu vehículo en Palas de Rei e cae a uns sete metros baixo o nivel da estrada

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Esta mañá produciuse unha saída de vía na entrada da localidade de Palas de Rei, concretamente na estrada nacional 547, no punto quilométrico 38,950 xunto o aserradero, tal e como informa o GES de Monterroso. O 112 Galicia recibiu a alerta ás 11:15 horas.

O accidente desta mañá en Palas. Autor: GES de Monterroso.

O vehículo, tal e como indica o GES e como se pode apreciar na imaxe, perdeu o control á saída dunha curva e foise da vía despois duns 70 metros. "Circulando pola cuneta ata que saíu volando e chocou contra os palets de tablas do aserradero, caendo a uns sete metros baixo o nivel da estrada", explica o GES. "O condutor estaba ausente cando chegamos, porque xa se desprazara ao centro médico", engade.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ademais do GES de Monterroso, ao lugar desprazáronse unha ambulancia do 061, Protección Civil de Palas de Rei e axentes da Garda Civil de Tráfico.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page