top of page

Perde o coñecemento tras sair do seu vehículo accidentado en Arzúa tras chocar contra outro turismo

Ecos da Comarca/Arzúa

Esta mañá rexistrouse un accidente en Arzúa no que se viron implicados dous vehículos e que se saldou con dúas persoas feridas.

Foto arquivo.

Tal e como informa o 112 Galicia un vehículo "bateu contra outro turismo na Rúa do Rego da Raña, en Arzúa, cuxo ocupante tamén resultou ferido", xa que como indica o 112 o condutor do vehículo que impactou contra o outro "perdeu o coñecemento tras saír do vehículo". Ambos os dous foron evacuados ao Hospital Clínico de Santiago, tal e como indicaron os Bombeiros de Arzúa a través do 112 Galicia.

Antes do mediodía, sobre as 11:40 horas, varios avisos chegaron ao 112 recibiu sobre esta colisión, "da que chamou a atención o estado dun dos implicados ao perder o coñecemento cando saíu do coche". Así o recolleron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 aínda coa dúbida de se algún dos feridos estaría ademais atrapado dentro do vehículo. Por iso acudiron os efectivos do parque comarcal de bombeiros, para comprobar que había bo acceso aos accidentados. Así foi, e o equipo médico puido ofrecer os primeiros coidados aos feridos antes do seu traslado ao hospital de Santiago.


Neste operativo tamén participaron voluntarios de Protección Civil e axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.  

0 comentarios

Σχόλια


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page