top of page

Perde a vida un home tras caer ao mar na Coruña

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Perde a vida un home tras caer ao mar na Coruña. Os equipos de emerxencia desprazados ata o punto encargáronse do rescate da persoa, que caeu ao mar desde o paseo marítimo.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Faltaban dez minutos para ás 21 horas da noite de onte, venres, cando o 112 Galicia foi informado por Salvamento Marítimo do suceso. Na súa comunicación solicitaban asistencia sanitaria urxente para unha persoa que rescataran da auga a bordo do Helimer na zona de Monte Alto, na Coruña.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Axiña, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, malia os esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida ao home.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Cabe destacar que neste operativo tamén se contou coa colaboración dos Bombeiros da Coruña, dos axentes da Policía Local e dos membros de Protección Civil da Coruña.

Seguindo a orden do día, deuse lectura a aprobación da Acta Anterior para continuar cun informe completo das xestións levadas a cabo no ano 2023 pola Xunta Directiva..O presidente Xavier Pazo deu un informe completo e a continuación foron aprobados os presupostos para o ano 2024, a cota de socio e as actividades programadas, quedando a lista de socios actualizada en 327, todo isto enmarcado nun ambiente cordial e respectuoso.



0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page