top of page

Pequenos e maiores divírtense con xogos populares en Palas de Rei

Os cativos do obradoiro infantil de verán compartiron xornada cos usuarios da residencia da localidade


Laura Moure/Palas de Rei

O obradoiro infantil “Xogando en vacacións, verán 2022” de Palas de Rei clausurou a súa actividade, cunha xornada de xogos tradicionais e populares na Praza do Concello.

ree

Os 85 nenos e nenas, de idades comprendidas en os 3 aos 12 anos, que participaron este verán das actividades do Obradoiro Infantil, desfrutaron cos xogos que antaño marcaron a infancia a xeración dos seus antepasados. Para comprender como xogaban antes, estaban os membros da Residencia de Maiores que acompañados por representantes da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, explicaban, aos máis novos, como se xogaba.

ree
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Esta actividade, enmarcouse dentro do proxecto “Co Paso do Tempo”, na que interactuaron os nenos do Obradoiro e os usuarios da Residencia de Maiores para o desenvolvemento dun conxunto de actividades en común.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page