top of page

Pepe Domínguez e Antonio Riera do Altletismo Deza, subcampións en cadansúa proba

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O club tamén contou con alta participación na proba de campo a través e nos controis de marca de Ourense


Ecos da Comarca/Deza

Dous dos referentes e fundadores do Club Atletismo Deza seguen a colleitar bos resultados nas probas que participan. Así, Pepe Domínguez e Antonio Riera foron proclamados subcampións en cadanseu campionato galego nesta fin de semana.

Pepe Domínguez foi no campionato galego de pentatlón PC de Ourense e conseguiu a mínima para o campionato de España máster. Riera obtivo a prata na proba galega de campo a través máster M75, na Pobra do Caramiñal.


Nesta fin de semana o Atletismo Deza tamén tivo unha alta participación no campionato galego de campo a través, nas categorías inferiores. O mesmo nos controis de marca de

Ourense, onde realizaron probas de salto de lonxitude, 60 metros valados, 600 metros lisos, lanzamento de peso, triplo salto e 60 metros lisos.


Dende o Club agradecen aos pais a alta participación e o esforzo que supón que asistan a tantas probas e con tanto entusiasmo.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Carreira do Cocido

A XV Carreira do Cocido xa ten data fixada: será o 30 de marzo de 2025. A falta de ultimardetalles, dende o Club animan aos corredores a que garden a data e resaltan que en breves estará dispoñible a inscrición. Tamén destacan que a través das súas redes sociais irán contando as principais novidades para esta nova edición.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page