top of page

Pedro Blanco subliña o compromiso do Goberno coa vertebración do interior de Galicia ao presentar a recta final da autovía A54 entre Lugo e Santiago

Laura Moure/Palas de Rei

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, supervisou a pasada semana en Palas de Rei as obras de execución do viaduto sobre o río Pambre, dentro do tramo Palas de Rei - Melide da autovía A-54 entre Lugo e Santiago. O delegado estivo acompañado polo presidente da Comisión de Transportes do Congreso dos Deputados, José Ramón Gómez Besteiro.

O viaduto sobre o río Pambre permitirá o paso da autovía A-54 sobre o río Pambre, salvando un val de gran beleza natural e de gran riqueza patrimonial e etnográfica. O viaduto resólvese cun único taboleiro para ambas as calzadas, composto por un total de 16 vans.

Publicidade

O delegado remarcou a complexidade técnica deste elemento, do que se comeza agora a construción do van central, de 87 metros de lonxitude. E avanzou que o do Pambre converterase no viaduto máis longo na rede de estradas da provincia de Lugo, con preto dun quilómetro de lonxitude.


Publicidade


Pedro Blanco subliñou o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa finalización desta vía de alta capacidade, que vertebrará a partir do próximo ano o interior de Galicia e permitirá reducir á metade o tempo de desprazamento actual entre Lugo e Santiago de Compostela.


Publicidade

O Ministerio de Transportes está actualmente traballando nos dous últimos tramos de 28 quilómetros e un investimento conxunto de máis de 192 millóns de euros. A nova autovía A-54 permitirá ademais mellorar de forma definitiva, a seguridade viaria da actual N-547, tanto rodada como peonil, onde actualmente hai importantes tránsitos de peregrinos do Camiño de Santiago.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page