top of page
Foto del escritorLaura Moure

Pedro Blanco destaca en Rodeiro "o compromiso do Goberno de España co sector gandeiro galego"

Adiantou en Camba que se concederán 10,38 millones de euros en axudas extraordinarias para afrontar os efectos da sequía e a guerra


Laura Moure/Rodeiro

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reafirmou o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez co sector primario galego e anunciou que 12.609 gandeiros comezarán a percibir no mes de outubro os 10.384.670 euros que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación destina a Galicia en axudas directas extraordinarias para facer fronte aos efectos adversos da seca e da guerra en Ucraína. Pedro Blanco fixo este anuncio durante a visita que realizou este xoves ao Concello de Rodeiro.

Para o delegado do Goberno, “este apoio extraordinario ao campo galego para compensar o aumento de custes de produción provocados pola seca e a guerra, pon de manifesto que o Goberno de España non se esquece dos gandeiros de Galicia e actúa con dilixencia para que neste escenario de dificultade as axudas pasen canto antes do papel ao balance das explotacións”. As achegas concédense de maneira directa aos produtores beneficiarios de axudas asociadas á gandería da Política Agraria Común (PAC) do ano 2022.


Publicidade

Pedro Blanco aproveitou para lembrar que, ademais desta partida extraordinaria, “o Plan Nacional de resposta ás consecuencias da guerra xa deixou en Galicia 67 millóns de euros de apoio ás explotacións gandeiras”. “En Rodeiro”, engadiu, “quedaron máis de 1,7 millóns correspondentes a este plan, que nas comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes alcanzaron case os 7 millóns”. “Son cifras sen precedentes e excepcionais para superar unha situación igualmente excepcional”, subliñou.


O delegado do Goberno en Galicia reuniuse co alcalde de Rodeiro, José Luis Camiñas, e con diferentes membros do goberno local con quen supervisou diferentes proxectos de competencia estatal que se están executando no municipio e ofreceu “a man tendida do Goberno para seguir colaborando con Rodeiro e con todos os pequenos concellos de Galicia”. Así, explicou que os plans de dixitalización que se desenvolven a través do Plan Único levarán internet de alta velocidade a 1.566 vivendas e empresas do municipio. Así mesmo, lembrou que Rodeiro tamén pode beneficiarse do Plan Único-Demanda Rural, con conexións vía satélite a un prezo de 35 euros ao mes.


Publicidade

No concello de Rodeiro tamén se financiaron co apoio do Goberno dous proxectos de eficiencia enerxética a través do IDAE. O primeiro con case 100.000 euros de investimento e o segundo, xestionado pola Deputación de Pontevedra con 1,2 millóns procedentes do programa DUS5000 do Plan de Recuperación do Goberno, que permitirá seguir instalando iluminación sostible neste e noutros dez concellos da provincia.

0 comentarios

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page