top of page
Foto del escritorLaura Moure

Pecharán o Ciclo Superior de Administración e Finanzas en Arzúa senón se consegue máis matriculados

Este luns había cinco persoas que xa formalizaron a matrícula, pero precisan ao menos oito e teñen de prazo ata este mércores


Laura Moure/Arzúa

O Ciclo Superior de Administración e Finanzas que se imparte en Arzúa precisa de máis alumnos no primeiro curso para evitar que peche para o ano. Este luns informaban que había cinco matriculados, pero que precisan polo menos oito para que o ciclo teña continuidade e teñen de prazo ata este mércores.


"Se non conseguimos tres máis ata o mércores pecharanos o ciclo. Este ano quedariámonos só cos de segundo curso, pero para o ano quedariamos sen nada o que supón un perxuízo para a zona de Arzúa, xa que unha vez que se pecha despois é moi difícil de recuperalo e calqueira persoa da comarca que queira cursalo nun futuro terá que ir á cidade que teña máis preto", recalcan.

Animan á xente a difundir esta mensaxe por se hai alguén que se queira matricular. Ten de prazo ata o mércores. "Se despois non lle gusta ou non pode asistir non pasa nada o importante é ter ao menos oito estes días para que non nos pechen. Sería unha pena sobre todo pola cantidade de alumnado que cursou este ciclo e que xa conseguiu traballo gracias a el".


Podedes obter máis información do ciclo e doutros nos seguintes enlaces:


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page