top of page

Paula Prado clausurará hoxe o Congreso de NNXX que elixirá a Javier Carballude como novo presidente

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, realizará a ponencia A mocidade galega: programas de Xuventude e oportunidades


Laura Moure/Lalín

Javier Carballude á dereita.

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, clausurará hoxe, venres, o Congreso de Novas Xeracións de Lalín, que comezará ás 19:00 horas no Pazo de Liñares e que elixirá a Javier Carballude Iturburua como novo presidente, posto que encabeza a única candidatura presentada para suceder a Eva Montoto.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Ademais da presidenta saínte e do entrante, o congreso incluirá unha ponencia da directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, titulada A mocidade galega: programas de Xuventude e oportunidades. Ademais, intervirán o secretario provincial de Novas Xeracións de Pontevedra, concelleiro de Xuventude de Lalín e membro do Comité de Dirección do PPdeG, Avelino Souto; e o alcalde de Lalín e presidente do PP local, José Crespo.


0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page