top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Paula Fernández pide máis prazas públicas para que os centros de atención a persoas con discapacidade poidan chegar a un maior número de usuarios

A deputada no Congreso visita Aspadeza xunto co deputado provincial, Javier Iglesias, e a secretaria xeral local, Alba Forno


Ecos da Comarca/Deza

A deputada socialista no Congreso dos Deputados e alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, reclamoulle á Xunta de Galicia un maior esforzo en políticas de inclusión social tras constatar a necesidade de máis prazas concertadas nos centros que atenden a persoas con discapacidade “co fin de chegar a máis usuarios e favorecer a súa plena

integración social e laboral”. A deputada transmitíu esta reclamación tras visitar o centro “Javier Brandido” que Aspadeza xestiona en Mouriscade (Lalín). Fíxoo na compaña do deputado provincial do PSdeG-PSOE, Javier Iglesias, e da secretaria xeral dos socialistas de Lalín, Alba Forno.

A visita enmárcase nun ciclo de reunións e encontros que os deputados e deputadas do PSdeG-PSOE de Pontevedra están a realizar co tecido social e económico da provincia para recoller as súas demandas.


Publicidade

Paula Fernández explicou que a falta de prazas concertadas suficientes ten consecuencias directas na formación e na calidade de vida das persoas con discapacidade, especialmente dos mozos e mozas. Sinala que chegar a máis usuarios “é sinónimo de aumentar os niveis de socialización, de educación, ou de desenvolvemento motriz das persoas con discapacidade, polo tanto debe ser unha prioridade apoiar a centros como Aspadeza para que poidan atender a máis usuarios”.


Doutra banda, Paula Fernández tamén transmitíu a necesidade existente nas zonas rurais de máis espazos nos que as persoas con discapacidade intelectual poidan desenvolverse con maior autonomía, como son as vivendas tuteladas. Así, instou á Xunta a realizar un maior esforzo inversor nesta materia “pois este tipo de vivendas son unha magnífica alternativa para que as persoas con este tipo de discapacidade reforcen a súa independencia, integración e autoconfianza”.


Publicidade

Paula Fernández, Alba Forno e Javier Iglesias realizaron un percorrido polas instalacións, xunto coa responsable do centro, Ángeles Baldonedo, onde puideron comprobar a calidade dos coidados que Aspadeza ofrece aos seus 38 usuarios e usuarias. Así destacaron o “gran labor diario que realiza este colectivo, que é un auténtico referente na integración das persoas con discapacidade intelectual”.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page