A visita enmárcase nun ciclo de reunións e encontros que os deputados e deputadas do PSdeG-PSOE de Pontevedra están a realizar co tecido social e económico da provincia
Ecos da Comarca/Silleda
A deputada socialista no Congreso dos Deputados, Paula Fernández Pena, vén de visitar o centro de recursos que xestiona Cogami en Medelo (Silleda), para coñecer de primeira man o labor que desenvolve esta asociación e escoitar as súas demandas e propostas. A visita enmárcase nun ciclo de reunións e encontros que os deputados e deputadas do PSdeG-PSOE de Pontevedra están a realizar co tecido social e económico da provincia.

Paula Fernández realizou un percorrido polas instalacións e destacou a calidade dos coidados que Cogami ofrece aos seus 26 usuarios e usuarias e incidiu na importancia deste tipo de centros para que as persoas con discapacidade adquiran habilidades, desfruten dunha maior calidade de vida e avancen na integración social e laboral. Nesta liña, subliñou a magnífica traxectoria de Cogami na atención a persoas con discapacidade
e ás súas familias.
Publicidade
A deputada lembrou que o Goberno de Pedro Sánchez aprobou a Estratexia Española da discapacidade 2022-2030 que permitirá facer efectivos os dereitos das persoas con discapacidade e das súas familias seguindo o ronsel da Unión Europea.
Publicidade
Explicou que este plan compete tanto ao Goberno de España, como ás comunidades autónomas, aos concellos e mesmo á iniciativa privada, co fin de que os "máis de catro millóns de españois que sofren discapacidade, derruben barreiras arquitectónicas, sociais, laborais e normativas e ascendan en dereitos, en inclusión e en igualdade”.
Comments