Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Paula Fernández asume Urbanismo e Pilar Péon sumará Medio Ambiente, Industria e Servizos

Laura Moure/Silleda

O goberno municipal de Silleda vén de redefinir áreas coa entrada no executivo da exalcaldesa silledense Paula Fernández Pena, en substitución de Klaus Brey. Así, Fernández Pena asumirá a xestión de Urbanismo, área da que é boa coñecedora pola súa formación como arquitecta técnica, e porque xa asumiu estas competencias durante a súa etapa como alcaldesa. Ata o de agora, dende o inicio da lexislatura, ao fronte de Urbanismo estaba Pili Peón, que pasará agora a asumir as áreas que levaba Brey.


Deste xeito, sumará Medio Ambiente, Industria e Servizos, ademais de continuar con Emprego, Persoal e Comercio. O resto de áreas quedan como estaban. Así, o alcalde, Manuel Cuiña, continuará coas atribucións en Economía e Facenda, Seguridade, Réxime

Interior e encargarase tamén de xeito directo dos grandes proxectos que se tramiten dende o Concello. Mónica González é a responsable das áreas de Cultura, Turismo, e

Deporte, ademais da Comunicación da entidade local. Ángela Troitiño Gil encárgase das áreas de Benestar Social, Igualdade, Educación, Sanidade, Xuventude e Normalización Lingüística; Jesús Taboada Lázara cas funcións como responsable de Medio Rural, e o departamento de Vías e Obras segue coordinado por Antonio Ferro.


Losada, na concellería dende a que se abordarán as tarefas de mantemento por parte da Administración local. En canto as adicacións, suprímese a que viña estando asignada a Brey Montaña.


O goberno municipal mantivo un primeiro encontro de traballo en días pasados trala incorporación de Paula Fernández como concelleira do grupo. “Nos vindeiros días farase o traspaso de traballo no departamento de Urbanismo, un departamento do que Fernández Pena é gran coñecedora”, explica Cuiña agradecendo tamén o traballo realizado por Pili Peón nestes dous anos ao frente de Urbanismo.


“Temos por diante retos coma a aprobación do PXOM nunha área das de maior peso na Administración Local , e no ámbito da Medio Ambiente tamén quedan por diante proxectos relacionados tanto cos servizos á cidadanía como co cumprimento da axenda 2030”, remarca o alcalde.

27 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE