top of page
Foto del escritorLaura Moure

Patrimonea organiza outra ruta polo municipio de Touro o día 29 de agosto tras o éxito da pasada

As inscricións xa están abertas


Laura Moure/Touro

A ruta que organizou Patrimonea hai uns días e que permitiu coñecer fermosos paraxes do municipio de Touro volverá a organizarse neste mes. "Despois do éxito no estreno dos roteiros xa temos unha nova cita no calendario: o domingo 29 de agosto repetiremos a ruta Entre pazos, fervenzas e corredoiras. Ao finalizar a ruta poderás coñecer o Pazo De Andeade", avanza Patrimonea. As inscricións xa están abertas.


O lugar de encontro será o Café- Bar A Peneira (Fonte Díaz, Touro) entre as 9:15 e as 9:30 horas, situada na rúa Bispo Xosé Diéguez Reboredo, 5, 15822, A Coruña.


A dificultade da andaina, que ten uns 15 quilómetros, é media-baixa e é circular. O prezo é de 18 euros por persoa, 15, se asisten dúas persoas ou máis; de oito para os menores de 16 anos e gratis para o segundo neno ou nena.

O prezo inclúe:

  • Guía coa titulación esixida pola lexislación vixente.

  • Seguro de Responsabilidade Civil (Seguros Berkley, entidade mediadora Celtisegur).

  • Seguro de accidentes nominal a cada participante (Seguros Berkley, entidade mediadora Celtisegur)

  • "Unha experiencia inolvidable na natureza descubrindo o noso patrimonio".

"Vén a coñecer un dos bosques de ribeira mellor conservados de Galicia. Unha ruta deseñada para que poidas desfrutar da riqueza paisaxística e patrimonial das terras bañadas pola Ulla. Unha mirada profunda á paisaxe que che permitirá coñecer a súa evolución ao longo do tempo", sinala Patrimonea.


Percorrido

A ruta circular ten o seu inicio/chegada na igrexa parroquial de San Tirso de Cornado. Ao longo dos 15 quilómetros aproximados os asistentes desfrutarán de fermosas fervenzas, impoñentes pazos da idade moderna e de antigas corredoiras que os levarán aos muíños de auga. O itinerario combina os mellores tramos da coñecida ruta PR-G 121 (ruta dos tres ríos) e a PR-G 233 (Fervenza Santa Marta ao río lañas) con outros sendeiros que achegarán a diferentes núcleos de poboación.


Farase unha parada no camiño para comer e cada participante traerá a súa comida. Ao rematar a andaina, grazas á colaboración do Pazo de Andeade, poderán coñecer a historia deste ben patrimonial do siglo XVIII, actualmente parada obligatoria para centos de peregrinos do camiño de Santiago.

Cabe recalcar que deben asistir persoas con condicións físicas axeitadas para a realización da ruta ao ter en conta que o seguro de accidentes para menores de 14 só cubre gastos médicos (por lei). Os menores de idade deberán ir acompañados por unha persoa maior de idade (que será a que formule a súa inscrición).

Foma de pago

Os interesados deben mandar un correo electrónico a patrimoneaulla@gmail.com indicando o número de prazas que desexan reservar cos datos de cada persoa (nome e apelidos, DNI e idade en caso de ser menor) xunto co xustificante da transferencia bancaria ( á conta: ES91 2080 0321 7830 0006 3625 ). No concepto da transferencia debe figurar o nome completo.


Outro método de pago será a través de Bizum (607 762 260). Confirmarás a reserva cun correo electrónico indicando a realización do pago por Bizum e achegando os datos persoais dos inscritos. No asunto do pago debe figurar o nome completo.


No caso de cancelación da actividade por parte da organización devolverase a totalidade do importe aboado (ou se o prefire poderá canxearse por outra ruta). Aquelas persoas inscritas que non poidan asistir por causas de saúde debidamente xustificadas tamén poderán solicitar o reintegro do importe aboado.


Pódese obter máis información a través de WhatsApp/Telegram no número 699 680 217 ou dos perfís de Patrimonea en Facebook e Instagram.


"Serán de obrigado cumprimento as normas dictadas polas autoridades sanitarias vixentes no momento no que se leve a cabo a ruta. Non deberás asistir se tes algún dos síntomas compatibles con esta enfermidade (febre, tos…). O uso da máscara é obrigatorio sempre e cando non se poida respectar a distancia de seguridade. O incumprimento das medidas é un motivo xustificado de expulsión da actividade".


Ademais, é imprescindible traer un calzado axeitado para a práctica do sendeirismo así como bebida para hidratarse ao longo da ruta, así coma unha máscara de reserva.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page