top of page
Foto del escritorLaura Moure

Patrimonea organiza de novo a ruta circular por Touro os días 3 e 10 de outubro debido ao gran éxito

Laura Moure/Touro

Tras o éxito das primeira andainas, Patrimonea decide repetir a fermosa ruta circular polo municipio de Touro e que leva por nome Entre pazos, fervenzas e corredoiras, e que inclúe a visita ao Pazo de Andeade. Serán o 3 e 10 de outubro.

Os participantes terán como lugar de encontro o Café- Bar A Peneira (Fonte Díaz, Touro) 09:15/09:30 horas. A dificultade desta andaina é media baixa, ten unha distancia de 15 quilómetros e o prezo é 18 euros I.V.E incluído ( unha persoa), 15 euros (dúas persoas ou máis), oito euros, menores de 16, gratis o segundo neno.

O prezo inclúe:

  • Guía coa titulación esixida pola lexislación vixente

  • Seguro de Responsabilidade Civil (Seguros Berkley, entidade mediadora Celtisegur)

  • Seguro de accidentes nominal a cada participante (Seguros Berkley, entidade mediadora Celtisegur)

  • Unha experiencia inolvidable na natureza descubrindo o noso patrimonio.

Traxecto

"A ruta circular ten o seu inicio/chegada na igrexa parroquial de San Tirso de Cornado. Ao longo dos 15 quilómetros (aproximados) disfrutaremos de fermosas fervenzas, impoñentes pazos da idade moderna e de antigas corredoiras que nos levan aos muíños de auga . O itinerario combina os mellores tramos da coñecida ruta PR-G 121 (ruta dos tres ríos) e a PR-G 233 (Fervenza Santa Marta ao río lañas) con outros sendeiros que nos achegarán a diferentes núcleos de poboación", indica Patrimonea. Farase unha parada no camiño para comer. Cada participante traerá a súa comida. Ao rematar a andaina, grazas á colaboración do Pazo de Andeade poderás coñecer a historia deste ben patrimonial do siglo XVIII, actualmente parada obligatoria para centos de peregrinos do camiño de Santiago", engade.


Inscricións

Os interesados poden mandar un correo electrónico a patrimoneaulla@gmail.com indicando o número de prazas que desexas reservar cos datos de cada persoa (nome e apelidos, DNI e idade en caso de ser menor) xunto co xustificante da transferencia bancaria ( á conta: ES91 2080 0321 7830 0006 3625 ). Tamén debes sinalar a data que elixes. No concepto da transferencia debe figurar o nome completo.


Outro método de pago será a través de Bizum (607 762 260). Confirmarás a reserva cun correo electrónico indicando a realización do pago por Bizum e achegando os datos persoais dos inscritos. No asunto do pago debe figurar o nome completo.


No caso de cancelación da actividade por parte da organización devolverase a totalidade do importe aboado (ou se o prefire poderá canxearse por outra ruta). Aquelas persoas inscritas que non poidan asistir por causas de saúde debidamente xustificadas tamén poderán solicitar o reintegro do importe aboado.


Se tes calquera dúbida ponte en contacto con nós por WhatsApp/Telegram no número 699 680 217.


0 comentarios

ความคิดเห็น


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page