Ecos da Comarca/Antas de Ulla
Tal e como informaba ECOS DA COMARCA este venres un incendio devorou por completo unha casa na parroquia de Santa Mariña do Castro de Amarante, no concello de Antas de Ulla. Afortunadamente, ninguén resultou ferido, pero o lume reavivouse pasadas ás 22:00 horas tal e como informa o 112 Galicia.

Os servizos de emerxencias traballaron arreo durante a tarde e a noite de onte para conter as lapas que calcinaron a vivenda. De feito, os equipos de extinción deron por rematadas as labores preto das 21:30 horas pero, un veciño da zona volveu a chamar ao 112 ao fío das 22:15 para informar que se reavivaban as lapas. Deste xeito, foi necesario regresar ao lugar para comprobar a situación.
Para facer fronte ás lapas, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Chantada e dos membros do GES de Monterroso. Tamén prestaron a súa colaboración os axentes da Garda Civil.
NOTICIA RELACIONADA:
Comments