Participación do Run Run Monterroso na Vig-Bay e na Carreira Popular de Friol
- ecosdacomarca

- 11 abr 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso
Fin de semana de gran actividade para o Run Run Monterroso. Despois de case tres anos sen poder celebrarse, volveron duas probas míticas: a carreira popular de Friol e a emblemática Vig-Bay.

O sábado a tarde, a Carreira Popular de Friol, xuntou a máis de 350 deportistas que gozaron dunha tarde de sol e do gran ambiente que se respiraba na vila. Entre os participantes, tres corredores do Run Run Monterroso, que puideron gozar dunha carreira cunha gran organización as súas costas.
Por outra parte, o domingo pola mañá volveu un dos grandes eventos deportivos de Galicia, a Vig-Bay. A proba que une Vigo con Baiona, xuntou a máis de 6.000 deportistas que participaron nas distancias de 10 quilómetros, media maratón e maratón. O Run Run Monterroso contou con representación en tódalas probas, destacando o estreo de Anxo García na distancia de maratón na que conseguiu baixar das 3 horas 24 minutos.







Comentarios