top of page

"Para o PP Deza é so un graneiro do que extraer votos a cambio da nada, pero a xente non é parva e por iso xa so gobernan 2 dos 6 concellos", sinala o BNG

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

"Recordámoslle ao presidente da Deputación que o maior espectáculo político vivido no Deza deuno sen lugar a dúbidas o propio PP en Rodeiro cando fixeron renunciar a todos os membros da candidatura para rescatar ao Sr. López"


Ecos da Comarca/Deza

O responsable comarcal do BNG en Deza-Tabeirós, Xoán Blanco, sale ao paso das declaracións feitas este domingo polos populares Luis López e Román Rodríguez. En concreto, López falou da "estabilidade do proxecto de Rueda e o PP fronte á constante guerra política entre PSOE e BNG, como en Silleda, Forcarei e Rodeiro. (Noticia no seguinte enlace:https://www.ecosdacomarca.com/post/l%C3%B3pez-destaca-en-deza-a-estabilidade-do-proxecto-de-rueda-e-o-pp-fronte-%C3%A1-constante-guerra-pol%C3%ADtica).

Está é a resposta do BNG.

"A ruta turística que fixeron o Sr. Luís López e o conselleiro de Educación e Cultura pola comarca do Deza, concretamente a dous concellos nos que non goberna, denota o nerviosismo do PP ante as vindeiras eleccións autonómicas. Desde o BNG lamentamos que non aproveitasen a visita para concretar investimentos e proxectos, tan necesarios na nosa comarca en xeral, principalmente nos concellos onde non gobernan. A respecto de que Deza xógase un investimento multimillonario o 18F, mágoa que non especificara cales son e onde, agás o investimento nos colexios que haberá que ver se non queda en promesa electoral.


Recordámoslle ao presidente da Deputación que o maior espectáculo político vivido no Deza deuno sen lugar a dúbidas o propio PP, concretamente en Rodeiro, cando fixeron renunciar a todos os membros da candidatura municipal para rescatar ao Sr. López, último suplente da lista, para que asumise a acta de concelleiro e así poder ocupar a presidencia da Deputación de Pontevedra. Iso non hai quen o supere!", asegura Xoán Blanco, responsable comarcal do BNG.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

"No seu tour, en vez falar de liortas que so están na imaxinación dos dirixentes do PP, onde depende do BNG a estabilidade, a transparencia e o bo goberno están asegurados. Temos que recordarlle que aínda que parece que as cousas non cambian na comarca do Deza só gobernan en dous concellos (Lalín e Dozón) e en Terra de Montes Tabeirós- A Estrada só en Un (A Estrada).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Pola contra, a estabilidade do Goberno de Rueda vese na tolemia que estes últimos días chega as casas con tarxetas de TODO GRATIS, ou anuncios que non foi quen de facer nos últimos 14 anos tanto en Vivenda Publica, Educación, Servizos sociais e vaino facer agora en 15 días. Dedíquese vostede a facer balance da súa acción de goberno en lugar de falar dos adversarios políticos. Porque se fixera ese balance, sería evidente que os últimos 15 anos de gobernos do PP na Xunta non trouxeron nada bo para o panorama económico e social comarcal: menos sector primario, menos poboación e máis estancamento económico.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Para o PP, a Comarca do Deza é so un graneiro do que extraer votos a cambio da nada absoluta. Pero Sr. López, a xente non é parva e xa se vai dando conta disto, por iso xa so gobernan 2 dos 6 concellos na comarca do Deza, por iso o PP castiga nos presupostos da Xunta aos concellos que non controlan, e por iso o 18 febreiro vai haber moita xente que deixen de lado as súas políticas para darlle unha oportunidade ao BNG".

Xoán Blanco

Responsable comarcal do BNG

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page