Ecos da Comarca/Silleda

Chegou o Nadal e con el comezan a aparecer os primeiros personaxes míticos do Nadal. Hoxe, martes 24 de decembro, Papá Noel estará recibindo a tódolos pequenos do municipio na Casa do Concello en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas. Estará acompañado por un par de zancudos da compañía Asacocirco, que xa foi a encargada de dar o arranque ao Nadal co seu espectáculo de lume o pasado 6 de decembro.
Publicidade

Tamén fará parada en Bandeira o 25 de decembro, día de Nadal, nun desfile organizado pola Asociación Cultural Vista Alegre, coa colaboración do Concello de Silleda, polas rúas a partir das 17:30 horas. Repartiranse caramelos entre toda a veciñanza.
Publicidade
Lembramos a maiores, “O Nadal Máis Máxico!”, a actuación do ilusionista José Rivera de Alba Nocta o próximo xoves 26 de decembro ás 18:00 horas na Casa do Concello.
コメント