O mestre panadeiro Guillermo Moscoso liderou este martes o showcooking no obrador da Efa Piñeiral
Laura Moure/Arzúa
Sabores e Saberes do Camiño, proxecto liderado pola Federación Efas de Galicia e
que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, celebrou este martes en Arzúa a súa sexta sesión.
"Pans do Camiño xira arredor do quilómetro cero puro e duro, ós recursos e produtos que
temos no noso territorio e que entendemos claves como diferenciación da panadería que
queremos; sempre e cando a elaboración sexa sincera e honesta coas bases”, afirmou
Guillermo Moscoso.
Pans do Camiño é unha aposta pola incorporación de ingredientes locais ós produtos da
panadaría, resultando da mesma panificacións innovadoras.
Nas elaboracións Moscoso fusionou fariñas e ingredientes autóctonos do territorio para dar
forma a un amplo abano propostas; masa nai, coca de améndoa e azúcar, coca de sementes e herbas aromáticas, pan de hamburguesa, roscas, pan de iogur Kalekoi e brioche con Mel Erica Mel.

Guillermo Moscoso cunhas das elaboracións.
“Poñer en valor a riqueza gastrocultural dos nosos territorios é un dos obxetivos de Sabores e Saberes do Camiño, pero tamén dar pé á creación de novas propostas e fomentar sinerxias entre produtores, profesionais e público en xeral tal e como vimos de presenciar hoxe neste showcooking”, comentou a responsable de proxectos da Federación Efas de Galicia, Rocío Agra, quen lembrou que todo o bo facer deste proxecto se verá compilado nun manual.
Comments